Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Doris Verdes (Vitae): “Nos nosos 20 anos de traxectoria chegamos a formar a máis de 39.000 profesionais”

        Hai motores que están a pleno rendemento a tempo completo e en Vitae teñen un destes motores: (...)

        O grupo galego Nunegal adquire S2 Informática, referente en servizos tecnolóxicos para o mar

      • O futuro da IA Xenerativa na creación de software foi o fío condutor dunha xornada de Vitae na Cidade das (...)

        Artabria impulsa a súa ciberseguridade co apoio das axudas á transformación dixital das pemes

        Vitae achéganos a 6ª edición do seu curso sobre como crear ferramentas profesionais con IA

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Navantia e atlanTTlic premian a innovación en comunicacións submarinas con The Pulse Hackathon

A iniciativa Monodon by Navantia, a área de innovación da compañía, e máis o laboratorio QOPHI Lab do centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo celebraron esta semana (entre o 8 e o 10 de xullo no edificio Miralles do Campus de Vigo) o reto The Pulse Hackathon, un desafío técnico de 28 horas centrado no desenvolvemento de solucións innovadoras (...)

Ler máis

Galicia aposta polas redes intelixentes, a IA e a ciberseguridade

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou a aposta do Goberno galego polas redes intelixentes, a intelixencia artificial e a ciberseguridade como piares estratéxicos para consolidar Galicia como un territorio máis accesible, conectado e competitivo, no que a tecnoloxía contribúa a reducir desigualdades e a achegar servizos á (...)

Ler máis

A Deputación da Coruña financia un curso sobre os retos e solucións da nanotecnoloxía impartido pola RAGC

A Deputación da Coruña e a Real Academia Galega de Ciencias asinaron un convenio de colaboración para co-financiar o curso titulado Nanotecnoloxía ao servizo da sociedade: retos e solucións do presente e do futuro. O acordo de cooperación foi subscrito polo presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, e polo presidente da corporación (...)

Ler máis

A Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia mobilizará 400 millóns

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou que a Xunta aprobará este mesmo ano a que será a primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia, que vai mobilizar 400 millóns de euros e busca “consolidar un modelo de crecemento para toda a economía (...)

Ler máis

As universidades galegas impulsan unha ferramenta para facilitar a análise semántica dos sistemas informáticos

Persoal investigador de oito universidades reuniuse este venres 10 de xullo na sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (UVigo) nunha xornada promovida polo proxecto de investigación ESMAS-ES+, do que a profesora da USC MarÍa José Domínguez é a coordinadora xeral. O proxecto ten como obxectivo o deseño dunha ferramenta de etiquetado semántico automática e (...)

Ler máis

O 14 de xullo o CiTIUS será un gran escaparate de tecnoloxías punteiras cunha nova xornada de Inside The Lab

<br<Volve Inside The Lab, a xornada anual de presentación de resultados científicos do CiTIUS, centro da USC centrado nas infinitas posibilidades das tecnoloxías e sistemas intelixentes, perante o mundo da empresa e a administración.

Ler máis

A AESIA recibe á primeira promoción do Grao en Intelixencia Artificial de Galicia

A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), organismo adscrito á Secretaría de Estado de Dixitalización e IA do Goberno de España, recibiu á primeira promoción de estudantes do Grao en Intelixencia Artificial que se imparte en Galicia. O director xeneral da AESIA, Alberto Gago, foi o encargado de dar a benvida a un grupo de máis de 20 (...)

Ler máis

Bruxelas considera que o deseño adictivo de Facebook e Instagram incumpre a DSA

A Comisión Europea comunicou as súas conclusións preliminares dunha investigación na que considera que Meta incumpre a Lei de Servizos Dixitais (DSA) debido ao deseño adictivo de Facebook e Instagram. A análise céntrase en funcións como o desprazamento infinito (infinite scroll), a reprodución automática de contidos, as notificacións automáticas e os sistemas de (...)

Ler máis

CTV prepara unha serie que xira ao redor dos contrasinais

A produtora galega CTV deu un novo paso no desenvolvemento de Password, a súa próxima serie de ficción, tras rematar a rodaxe do teaser co que iniciará a procura de socios e financiamento tanto no mercado estatal como no internacional.

Ler máis

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

O uso da Internet en Galicia é practicamente universal entre a poboación máis nova, pero o avance máis destacado continúa rexistrándose entre as persoas maiores. Na franxa de idade de 65 a 74 anos, o 77,4 % utiliza Internet, o que representa un incremento do 3,5 % respecto a 2024 e de case un 39 % nos últimos catro anos. Entre 2021 e 2025 incorporáronse á Rede (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | ... | 49180

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade