Revista en papel
luns, 20 de febreiro do 2023
Número 271 de Código Cero en PDF
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos fitos recentes do I+G+i. Tamén abordamos os seguintes temas:
— O Goberno cualifica de “prioridade absoluta” a protección dixital dos menores
— As investigadoras do CITIC da UDC inspiraron ás novas xeracións neste 11F
— SinFiltro publica o seu barómetro sobre a calidade de vida das persoas tecnólogas
— O Consello Cultura Galega renova a súa web de divulgación
— A USC favorece a inclusión educativa do alumnado hospitalizado co uso de avatares robóticos
— A Deputación da Coruña e o CITIC levan a IA xenerativa aos institutos da provincia
— David Lago e Nicolás Freiría gañan a Olimpíada Informática Galega 2026
— Fernando Suárez (CPEIG) reflexiona sobre prohibir as redes sociais entre menores
— O Nodo CIBER.gal impulsou máis de 300 actividades en 2025
— AMTEGA convoca novos cursos para obter a ComDix
— Entrevistamos a Rubén López e Silvia Izquierdo, responsables de Aruma Studios
— As empresas comezaron o ano achegándonos unha completa ración de innovación galega
— Na Rede unha ferramenta galega para facilitar o reenvío múltiple de correos: PERCEBE
— En marcha a Cátedra Denodo–UDC de Enxeñaría de Datos, IA e Innovación Tecnolóxica
— Vigo convértese no 1º campus español en dispor dun servizo de vehículo autónomo conectado
— A Secretaría da Lingua e a Dirección Xeral de Xuventude lanzan Lingua de Namorar
— Telefónica e a Consellería de Cultura inauguran no Gaiás a mostra Mundo expandido
— Os videoxogos e as realidades virtuais dan nova voz á nosa cultura
